CORREDORES DE SOMBRA
Autor: Agustín Fernández Paz
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa
Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unha obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quén é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?
Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida.
Nº de páxinas: 220
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 13 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.