luns, 13 de maio de 2019

AS VOCES DA AUGA


AS VOCES DA AUGA
Autora: Ánxela Gracián
Ilustradora: Aynara Pereiro
Edita: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal.

Entón, como polas noitas antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantinela monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.

ISBN: 978-84-9995-300-7
Nº de páxinas: 180
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.