domingo, 14 de abril de 2019

CORRE CORRE, CABACIÑA


CORRE CORRE, CABACIÑA
Autora: Eva Mejuto
Ilustrador: André Letria
Edita: OQO Editora

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Non vin vella nin velliña, 
nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. 
Corre corre, cabazón!, 
respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, 
ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. 
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

ISBN: 978-84-9871-532-3
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25 x 23 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.