venres, 25 de xaneiro de 2019

"SARA SOÑA CON SER BRUXA" 1º premio categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato curto titulado "Sara soña con ser bruxa" de Xian Alvariño Rodríguez - 10 años - 5º A.

Galardoado co 1º Premio na categoría C: 5º/6º de primaria.

"Sara é unha nena máis ou menos de 10 anos, loira e de ollos claros, polo demáis é unha nena normal coma outra calquera.

Sara ten un gran soño que é ser bruxa, unha bruxa mala coa nariz longa e unha berruga.

De camiño ao colexio Sara pasaba por un escaparate no que tiña unha bruxa.

Cando Sara pasaba coa súa mochila nas costas camiño ó colexio, que non lle gustaba nada, sempre se quedaba mirando para a bruxa e pensaba ogallá eu fose bruxa e o primeiro que faría sería que sempre fose verán para non ter colexio. O segundo, que todos os nenos fosen gatos porque lle gustaban moito e cos nenos do seu cole non se levaba moi ben, e terceiro, que o peixe soupese a chocolate porque non lle gustaba nada.

De volta para casa, Sara volvía pasar polo escaparate e volvía soñar co mesmo, e así todos os días. Sara pasaba coa súa mochila e triste ao colexio porque non podía cumprirse o seu soño. Ata que un día cando pasaba coa cabeza baixa xunto a bruxa escoitou un sorriso malvado e cando se xirou a bruxa faloulle. Sara estaba asombrada, non se podía crer que a bruxa lle falara.

A bruxa díxolle: ou sexa, que queres ser unha bruxa mala coma min, e Sara notou algo raro e de repente converteuse nun gato e Sara dixo: Non! eu non! Tiñan que ser eles! non eu! e a bruxa riu e díxolle!: Que pensabas que che ía axudar, pois non, eu son mala e fago o que quero...

Sara marchou triste ó colexio, cando os seus compañeiros a viron dixeron: a onde irá esta gata tan bonita dirección ao colexio? Collérona, acariciarona e deronlle de comer. Sara estaba alucinada do ben que a trataban e incluso lle gustaba o peixe. Os nenos colleron a Sara levárona para clase e puxérona nuns coxíns. Sara estaba enamorada de ser gata, mentres a profe explicaba, ela podía durmir quentiña.

De camiño a casa escoitou un forte ladrido detrás dela, cando viu un enorme can que case a come tivo que correr e subir tellados que esbaraban moito pero, por sorte non lle pasou nada. Cando Sara se quixo dar conta o feitizo acabara e volvía a ser unha nena e deuse conta que sexas o que sexas nunca e de todo bonito..."

FIN.


Premiados da categoría C: 5º e 6º de primaria co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura
e varios membros do xurado do certame

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.