martes, 15 de xaneiro de 2019

"O PITO QUE APRENDEU A LER" accésit categoria C: 5º/6º Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O pito queu aprendeu a ler" de Diego Domínguez Costas - 10 anos - 5ºA de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Nunha mañá de verán, no galiñeiro dunha granxa, naceu un pito de cor amarelo coma o sol.

Ese pito non era normal, aínda que era un tanto curioso. De todo o que pasaba na granxa él enterábase ao instante, sen excepción. A parte de ser tan metomentodo, outra das súas cualidades era a súa experiencia en meterse en líos. Unha vez, cruzou polo medio dun campo cheo de touros furiosos para chegar ata unha miga de pan, e xa prefiro non contar o que fixo o granxeiro para salvalo. Pero, a mellor das súas cualidades, sen dúbida, era a súa gran intelixencia.

Tal era, que, cando lles daban de comer millo, él o liimpaba e o puña nun prato. Xa pasados dous anos, o seu avó, o galo, prometeulle que lle aprendería a ler.

Uns días despois, o pito, impaciente, quería ler un libro xa. Pero o seu avó díxolle que primeiro tiña que aprender o abecedario.

O primeiro día aprendeu da "a" ata a "d". O segundo, da "d" ata a "g", e así un día tras outro ata chegar a "z". Cando xa o tiña aprendido, o seu avó díxolle que tamén necesitaría aprender as normas ortográficas. Dúas semanas despois, cando o pito xa sabía o abecedario, e todas as normas ortográficas as tiña aprendidas, o seu avó deulle un libro. Cando o pito comezou a lelo, as portas da imaxinación abríronse ante él.

Cada día leía máis rápido e mellor, e aumentaban as súas ansias de ler. Pasado un mes, o día un de outubro, leu corenta libros, sen incluír a enciclopedia nin unhas cantas biografías. Non paraba de ler, cada día máis, ata que colleu un libro de inglés, el non entendía nada, e foille preguntar ao seu avó. O avó contestoulle que existían moitos idiomas. En canto escoitou iso, o pito púxose a estudiar máis, e vinte anos despois converteuse no máis listo do mundo.

Fin.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.