mércores, 23 de xaneiro de 2019

"O ESPELLO DA SEREA NATALIA" accésit da categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O espello da serea Natalia" de Uxía Puga Santos - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame
Cando as rás tiñan plumas e as galiñas tiñan dentes, unha serea chamada Natalia estaba chorando porque perdera o seu espello máxico.

Entón foi onda o seu pai Manolo. Él díxolle que lle explicara o que lle pasara. Ela contoulle a súa historia.

Transformeime en humana e logo fun a aldea dos ananos. Estiven alí un bo rato e que cando saín do castelo mirara no ceo unha cousa estraña. Era, era... ¡¡¡A BRUXA MATILDE!!!De repente íame a transformar. Entrei na auga, mirei no bolso e desaparecera o meu espelliño.

Non paraba de chorar e de tan cansa como estaba, marchou para a cama.

Despois de escoitala, o pai estivo pensando nun plan. Foi a dicirllo, pero ao chegar a súa habitación, ela... ¡¡¡non estaba!!!

Buscáronna por todas partes, pero ela non aparecía.

O pai mandou ao tritón David a buscala. Ordenoulle que antes mirara no Reino da Auga. David puxo rimbo ao castelo da bruxa Matilde. No seu percorrido, tiña que pasar primeiro pola Aldea Máxida das Fadas, logo polas Setas dos Pitufos e por fin, polo reino dos Gnomos. Pasando ese reino chegaría ao castelo da bruxa.

Cando chegou a aldea das fadas quedou abraiado. Alí estaba ela: a serea Natalia. Preguntoulle como chegara, e ela respondeulle:

-"Pedínlle o espello a miña amiga Raquel. E tí que fas aquí?"

Él respondeulle:

-"Mandoume o teu pai. Ven, imos buscar o espello".

Os dous á vez dixeron:

-¡¡¡VAMOS!!!

Entón pasaron pola Aldea das Fadas cantando isto:

"Tintintín as fadas son así,
tintinarán as fadas son asa".

Cando conseguiron atravesalo, foron ao seguinte, as Setas dos Pitufos.

Tiveron que ir con coidado para non pisalos. De repente o tritón David pisou unha:

-Crack, crack!!

Por sorte, era unha seta onde non vivía ninguén.

Cando saíron foron ao seguinte. No Reino dos Ananos, os ananos querian porlle unha proba, pero cando Natalia contoulles o que lles pasara, eles deixáronlles pasar.

Por sorte cando chegaron, o dragón estaba a durmir.

Cando conseguiron entrar no castelo, a meiga estaba contemplándose no espello. Eles dixeron:

-Deixa iso, non é teu.

Ela intentou escapar pero a serea Natalia, como sabía moita maxia, conselouna. Colleron o espello e foron para fóra. Atopáronse cun dragón. Espertouse e intentou queimalos pero Natalia convertiuno nunha diminuta cría de can.

Cando acabou todo, voltaron para a súa aldea e viviron felices.

E aquí acabou o conto, como mo contaron cho conto.

FIN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.