domingo, 20 de xaneiro de 2019

"O BOSQUE DA PANTASMA" accésit categoría C: 5º e 6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O bosque da pantasma" de Mikel Fernández Muras - 10 anos - 5ºA de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º e 6º de Primaria.


Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame
Un día un neno que se chamaba Carlos estaba na súa casa xogando cos xoguetes. A casa de Carlos era fermosa coas paredes azuis e o teito laranxa.

Carlos lle ten medo á escuridade e dorme coa súa nai. Cando acabou de xogar Ceou e foise á cama.

Pola noite despertou e viu algo no monte. Foi a ver que era e atopou a un home sentado preto do río. O home levaba unha cazadora negra, pantalóns azuis, pelo castaño e ollos laranxas. O home levantouse e andivo ata unha árbore onde se abriu.

Carlos confundido entrou, dentro había unha pantasma. Carlos achegouse a ela e preguntoulle:

Carlos: - Cómo te chamas?
Pantasma: - Son a pantasma do bosque.
Carlos: - Queres ser a miña amiga?
Pantasma: - Claro

A pantasma e Carlos xogaron un pouco.

Cando Carlos foise da árbore a pantasma o acompañou. Mentres camiñaban cantaban. Fíxemen amimgo dunha pantasma e xa non teño medo á escuridade.

Cando chegaron a casa de Carlos a pantasma e Carlos despedíronse:

Carlos: - Adeus pantasma.
Pantasma: - Ata logo Carlos.
Pantasma: - Mañá ven a visitarme pola noite.
Carlos: - Vale.
Pantasma: - Ven disfrazado vai a haber unha festa de disfraces.
Carlos: - A qué hora é?
Pantasma: - O sábado ás nove.

Carlos foi ao pobo a mercar un disfranz de esqueleto. Preguntoulle aos seus amigos si querían vir que eran Pablo, María, Mateo e Cristian. Os seus amigos dixéronlle que sí, entón foron a por un disfraz.

Pola noite Carlos foi a xunta da pantasma e díxolle:

Carlos: - Vouche presentas aos meus amigos.
Pantasma: - Vale.
Carlos: - Mira, estes son María, Mateo, Pablo e Cristian.
Cristian: - Hola quen eres?
Pantasma: - Son a pantasma do bosque.
Cristian: - Queres ser a miña amiga?
Pantasma: - Claro!
Pantasma: - María, Pablo e Mateo, queredes ser meus amigos?´
María, Pablo, Mateo: - Sí!
Pantasma: - Vamos a bailar!
Todos: - Sí! Vamos!

Cando a festa rematou foron ao ría a comer. Cando acabaron de comer foron ao pobo a casa de Carlos a xogar. Logo foron ao cine a ver unha película. Mercaron doces, ata firib de festa. En fín de ano foron a comer as uvas a casa de Carlos Pablo, María, Mateo, Cristian e a pantasma. Comeron e foron á arbore. Cantaron, Bailaron e comeron ata estoupar.

Logo foron facendo bromas ás casas. Tiveron tamén unha festa con mortos vivintes.

Carlos: - Bonita decoración!
Pantasma: Grazas!

Cando rematou a festa cada un marchou a súa casa.

Dende aquel día Carlos non tivo medo á escuridade.

FIN.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.