- A finalidade deste certame é escoller a obra narrativa destinada a público xuvenil a editar con motivo do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril de 2019.
- Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.
- Os orixinais presentaranse en formato .PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo.Os orixinais irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade da persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior só o título ou lema da mesma.Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos as persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
- As
Bases Reguladoras serán as dispostas na Ordenanza Xeral de subvencións
do Concello de Pontevedra aprobada polo Pleno municipal de data 17 de
setembro de 2004, e publicada nol BOP de Pontevedra nº 190 de data 20 de
setembro.
- A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros que abonará o Concello de Pontevedra a través do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.Urco Editora, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguintes cinco anos á concesión do premio.A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados da explotación da obra. Asemade, será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición.
- O
prazo de será dende o día seguinte á publicación da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia ata o día 31 de xaneiro de 2019 e os
orixinais deberán entregarse na sede de Urco Editora, na Rúa do Avío, 11
baixo – 15705 Compostela, por correo postal ou mensaxería, sen que
consten no exterior datos identificativos da persoa autora.
- O
Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de
María Victoria Moreno, unha persoa representante do Concello de
Pontevedra, unha alumna ou alumno representante do IES Torrente
Ballester de Pontevedra, unha persoa representante de Urco Editora e a
persoa que resultase gañadora na edición anterior.
- O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
- Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
- As
entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo,
os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado,
mais sen abrir a plica, para respectar así o seu anonimato. As persoas
autoras das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en
contacto con Urco Editora para trataren o tema da publicación.
- A
participación neste premio implica a aceptación incondicional das súas
regras, así como o recoñecemento da decisión final do xurado como
irrevogable.
- Serán por conta da persoa premiada todos os impostos que graven a percepción do premio.De conformidade coa vixente lexislación española, o premio obxecto deste Concurso estará, suxeito a retención do IRPF, que será asumido pola persoa gañadora.As demais repercusións fiscais que a obtención do premio teña na fiscalidade da persoa premiada, será por conta desta, polo que o Concello de Pontevedra queda exonerado de calquera responsabilidade ao respecto.Os pagamentos realizaranse contra documento fiscalmente recoñecido en calquera dos tres idiomas seguintes: galego, castelán ou inglés.
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
▼
mércores, 16 de xaneiro de 2019
BASES "II PREMIO MARÍA VICTORIA MORENO DE LITERATURA XUVENIL"
Jose Manuel
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.