luns, 14 de xaneiro de 2019

"A NENA PERDIDA" accésit categoría B: 3º/4º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "A nena perdida" de Paula Rivas Rodríguez - 9 anos - 4º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría B: 3º e 4º de Primaria.

Un día un colexio da zona de Coruña fixo unha excursión ao monte. Unha das nenas perdeuse. Cando xa chegaba a noitiña viu a dous rapaces que xa saíran do colexio e estaban a xogar ao fútbol no medio do monte e acercouse a eles a preguntarlle:

  • Cómo se sae do monte para chegar á escola?
  • Ven con nos, ensinaremosche o camiño -responderon os rapaces.

A nena seguiunos ata chegar á escola pero cando chegou, non era o seu colexio! E tivo que chamar á nai dunha compañeira que era o único número que recordaba.

Cando colleron o teléfono preguntaron: 

  • Quen é?
  • Son a amiga da súa filla, pódeme vir a recoller?
  • Sí claro. Qué rúa é?

Despois de dicirlle a rúa que era veuna recoller e levouna a súa casa. E como alí fóra facía moito frío deulle unha manta e un chocolate quente. Depois de que a filla chegara do supermercado co seu pai mirou a súa compeñeira e correu a darlle unha aperta e despois de darlle a aperta dixo:

  • E tí que fas aquí? Pensei que te foras xa para a túa casa?


E a nena empezoulle a contar a historia.

Ao día seguinte, antes de marchar á escola chamara a súa nai para dicirlle que durmiches aquí porque sí lle contas a túa historia non che berrará? -Preguntoulle a nai da súa amiga.

- Sí supoño.

Cando a viron a buscar a nai da nena deulle as grazas por cuidar a súa filla.

Fin.

Premiados da categoría B: 3º e 4º de Primaria coa Concelleira de Cultura
Mª Teresa Cendón Barral e a escritora Eli Ríos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.