Autora: Virgine Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora
Colección: Faktoria de libros
Xénero: Literatura Infantil - Botánica
Idade recomendada: +6 anos
As páxinas do "Inventario ilustrado de flores" son un festival de colorido (e de aromas suxeridos) que, a través de 62 tipos de flores, nos leva de viaxe por todo o mundo: dende as rexións de África do Sur de onde vén a ave do paraíso, ata a illa indonesia de Sumatra de onde é orixinario o efémero aro xigante, pasando polas pradarías próximas onde medran as margaridas.
Silvestres e cultivadas, e cunha orixinal clasificación por colores para facilitar a súa localización, cada lámina presenta unha ou dúas especies de flores identificadas polo seu nome común e científico, altura e época de floración, xunto cunha breve descrición con aspectos como a súa procedencia, aplicacións medicinais e mesmo culinarias, curiosidades ou alertas sobre o seu nivel de conservación. Antes de entrar en materia, Virginie Aladjidi presenta nunha introducción as partes da flor, o seu proceso reprodutivo a través da polinización e os modos de crecemento.
ISBN: 978-84-16721-09-2
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 30 cm.