venres, 28 de decembro de 2018

PEPA A LOBA - Mulleres bravas da nosa historia


PEPA A LOBA
Autora: Ledicia Costas
Ilustradora: Eva Agra
Urco Editora

Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Idade recomendada: +9 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Xela é unha nena que ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira. A pesar de que á súa nai non lle chista nadiña esta idea, para a rapaza non hai nada mellor no mundo que sentar a carón da avoa e escoitar, unha e outra vez, historias sobre a nosa bandoleira, sobre Pepa a Loba, a muller afouta que a pesar de todos os obstáculos que a vida lle puxo diante, conseguiu ser a capitá dunha gavela de homes e axusar a quen o precisaba.

Xela nunca ten suficiente, sempre quere saber máis. E vós, queredes saber quen foi Pepa a Loba?

ISBN: 978-84-948755-9-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.