martes, 25 de decembro de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO


A MELLOR SOPA DO MUNDO
Autora: Susanna Isern
Ilustradora: Mar Ferrero
Edita: OQO Editora

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz encendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida.

Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a agua a ferver para preparar unha sopa.

A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenoiras, froitos vermellos, cebolas, mes e outros moitos ingredientes para que bote na ola.

Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momeno e colaboran na preparación da cea.

Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen.

Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

ISBN: 978-84-9871-526-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.