luns, 12 de novembro de 2018

INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES


INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES
Autora: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Kalandraka Editora

Idade recomendada: + 6 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Inventario ilustrado dos mares é un álbum de divulgación científica que reúne un centro de animais e plantas pertencentes á rica biodiversidade mariña, algúns dos cales, como o peixe serra ou o atún vermello, están en perigo de extinción. Crustáceos, moluscos, peixes, mamíferos e outas especies conforman esta guía sinxela e práctica que, sen ser exhaustiva nin técnica, é un interesante material de aprendizaxe e de consulta arredor dun ecosistema do que aínda quedan milleiros de seres descoñecidos por incorporar ao Censo da Vida Mariña.

ISBN: 978-84-15250-48-7
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 30 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.