luns, 5 de novembro de 2018

ACTUACIÓN DE AVELINO GONZÁLEZ NO 3º CICLO DE TRADICIÓN ORAL


Continuamos co 3º Ciclo de Tradición Oral con Avelino González que nos acompañará o próximo venres 9 de novembro con:

Ás 13:30 horas ofrecerános a primeira actuación do día co espectáculo "Non me gusta ler".
"Non me gusta que me manden nin que me gobernen. E pasa algo se non leo? Nada. Logo, pra que voy ler se non quero? Tranquilidade, logo. Que non vos vou facer ler, nin pretender convencervos de que o fagades. Pero a conta de non ler, aínda habemos rir un cacho."
 Ás 20:00 horas presentará "Contos de contrabando"
"O contrabando é unha actividade comercial que non xera lucros ao estado. Comercia con artigos que o estado quere monopolizar e polo tanto faino de maneira que o estado non se dea por enterado (porque enterarse, entérase; e benefíciase).As historias de contrabando son cousas de xente que parece pequena, pero é grande. Tan coma nós que poderíamos ser nós."

 Esperámosvos!!

 Próximas actuacións...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.