venres, 30 de novembro de 2018

ANTES DE ADAN


ANTES DE ADÁN
Autor: Jack London
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Velaquí unha desas estrañas obras de Jack London, pouco difundidas e traducidas, pero dun interese intrínseco enorme. O autor californiano experimenta máis unha vez co concepto de memoria racial para vincular as vivendas dun home das cavernas, pouco máis que un simio algo evoluído, cos recordos dun mozo estadounidense.

Antes de Adán é un trepidante relato de aventuras, a biografía dun dos devanceiros da humanidade contada pola pluma dun dos mellores narradores do século XX.

ISBN: 978-84-15699-10-1
Nº de páxinas: 183
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

xoves, 29 de novembro de 2018

LUNS


LUNS
Autora: Eli Ríos
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nerea ten a vida organizada.
Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnótico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo é a vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día.

Luns, gañadora do Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.

ISBN: 978-84-9121-201-0
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

mércores, 28 de novembro de 2018

3º Ciclo de Tradición Oral con Cándido Pazó


Pechamos o 3º Ciclo de Tradición Oral, este venres día 30 de Novembro con Cándido Pazó.

Ás 13:30 horas os alumnos da ESO co CPI "Curros Enríquez de Pazos" e demais público que queira asistir deleitaranse coas súas historias de "Así mo contaron".
"Esas verdades que parecen mentira.
Esas mentiras que parecen verdade.
Humor.
Emoción.
Memoria.
PALABRA."
Ás 20:00 horas veremos novamente a Cándido co espectáculo "Que comerá o rei?".
"Unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil, o trazo delicado e potente do xenial artista".
Non faltedes!! 


A BATALLA POR AVALON | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN III


A BATALLA POR AVALON
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN III
Autor: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustradora: Jara Zambrano
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.

Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa, que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias e inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto.

ISBN: 978-84-15699-52-1
Nº de páxinas: 298
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

martes, 27 de novembro de 2018

CUENTOS PARA NIÑOS QUE SUEÑAN CON CAMBIAR EL MUNDO


CUENTOS PARA NIÑOS QUE SUEÑAN CON CAMBIAR EL MUNDO
50 Superhéroes inspiradores de carne y hueso
Autor: Marcelo E. Mazzanti
Ilustradora: Sara C. Labrada
Duomo Ediciones

Edad recomendada: + 12 años.

Género: Literatura Infantil en Castellano - Biografías

La inspiradora vida de 50 niños que se han convertido en superhéroes sin necesidad de capa ni espada. Con Alan Turing, Albert Casals, Albert Einstein, Albert Espinosa, andre Agassi, Antoine de Saint-Exupéry, Barack Obama, Bill Gates, Bobby Fischer, Charles Darwin, Che Guevara, Dalái Lama, Félix Rodríguez de la Fuente, Haile Gerselassie, Harry Houdini, Harvey Milk, Iqbal Masih, Isaac Newton, Jacques-Yves Cousteau, Jamie Oliver, John Lennon, Julio Verne, Kelvin Doe, Kilian Jornet, Leonardo da Vinci, Lili Elbe, Lionel Messi, Louis Braille, Ludwing van Beethoven, Mahatma Gandhi, Marting Luther King, Massoud Hassani, Nelson Mandela, Nikola Tesla, Oskar Schindler, Paul Poiret, Pedro Duque, Primo Levi, Roald Amundsen, Rudolf Nuréyev, Sebastiäo Salgado, Shigeru Ban, Stephen Hawking, Steve Irwin, Steven Spielberg, Tenzing Norgay, Usain Bolt, Vicente Ferrer, William Shakespeare, Wolfgang Amadeus Mozart.

ISBN: 978-84-17128-53-1
Nº de páginas: 147
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 23,5 cm

luns, 26 de novembro de 2018

UN FARO NA ESCURIDADE | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN II


UN FARO NA ESCURIDADE
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN II
AUTOR: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustrador: Iván Valladares
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns... A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que habita no noso interior.

Regresan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e arqueólogo de mundo ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. Nesta ocasión a súa procura do lendario Diario do Cartógrafo levarao a descubrir novos e misteriosos lugares, abraiantes inventros alquímicos, inquietantes criaturas, e tamén a desenterrar escuros segredos que nunca deberían ver a luz.

ISBN: 978-84-15699-17-0
Nº de páxinas: 362
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 23 cm.

domingo, 25 de novembro de 2018

PALABRAS ENVELENADAS


PALABRAS ENVELENADAS
Autora: Maite Carranza
Edita: Rodeira

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL

¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable.

Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga.

Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente canto tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. Ás veces, a verdade permanece oculta na escuridade e só se iluna ao abrir unha xanela.

Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas apariencias que disecciona a hipocresía da sociedade moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

ISBN: 978-84-8349-254-3
Nº de páxinas: 261
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20,5 cm.

sábado, 24 de novembro de 2018

O LADRÓN DE SOÑOS | O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN I


O LADRÓN DE SOÑOS
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN I
Autor: Fernando M. Cimadevila Botana
Ilustrador: Ivan Valladares González
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben más prezado: o poder da imaxinación.

Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos, e unha infinidade de curiosos personaxes.

ISBN: 978-84-938121-9-5
Nº de páginas: 348
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA. SEN NUNGÚN XÉNERO DE DÚBIDA. NON



Dende a Biblioteca Pública de Pazos de Borbén, unímonos á nova campaña da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero.

Dicimoslle NON a todas a formas de violencia de xénero, violencia física, violencia psicolóxica, violencia económica, violencia sexual e abusos sexuais, acoso sexual, e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

A campaña rematará o próximo día 25 de novembro, terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da andaina "Camiño ao respecto", que sairá dende o Monte do Gozo ás 11:00 horas ata a Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra da violencia de xénero, aproximadamente ás 12:30 horas.


venres, 23 de novembro de 2018

ALAIA E A DEUSA


ALAIA E A DEUSA
Autor: Tomás González Ahola
Ilustrador: José Ángel Ares
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Alaia, unha moza da tribo dos neiros, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a máis grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro.

ISBN: 978-84-15699-56-9
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19,5 cm.

xoves, 22 de novembro de 2018

ORGULLO Y PREJUICIO


ORGULLO Y PREJUICIO
Autora: Jane Austen
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial

Colección: Penguin Clásicos

Género: Literatura en Castellano - Novela

A lo largo de una trama que discurre con la precisión de un mecanismo de relojería, Jane Austen perfila una galería de personajes que conforman un perfecto y sutil retrato de la época: las peripecias de una dama empeñada en casar a sus hijas con el mejor partido de la región, los vaivenes sentimentales de éstas, el oportunismo de un clérigo adulador... El trazado de los caracteres y el análisis de las relaciones humanas sometidas a un rígido código de costumbres, elementos esenciales de la narrativa de la autora, alcanzan el Orgullo y Prejuicio cotas de maestría insuperable.

ISBN: 978-84-9105-132-9
Nº de páginas: 349
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 19,5 cm.

mércores, 21 de novembro de 2018

EXPOSICIÓN "A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA"


A Biblioteca Pública Municipal (BiblioPazos)  do Concello de Pazos de Borbén inaugura o próximo día 26 de novembro a exposición "A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA", unha nova actividade de dinamización e de promoción do libro e a lectura cedida temporalmente pola editorial URCO editora que leva itinerando por centros de ensino, bibliotecas e librarias desde fai uns poucos anos.

A exposición estará ubicada no vestíbulo da Casa do Concello e se poderá visitar ata o día 21 de decembro.

Abrangue desde o nacemento da literatura fantástica da man do mito e o fenómeno relixioso até o desenvolvemento da mesma na nosa lingua, pasando pola novela gótica, o "pulp", a fantasía épica "tolkiana", os distintos subxéneros que se desenvolveron no século XX e moito máis, para ofrecer unha panorámica xeral deste xénero tan demandado por lectoras e lectores de todas as idades.

Está composta de 7 paneis ríxidos de 70 x 100 centímetros estruturados da seguinte forma:

1.- O berce da fantasía.
2.- Castelos, fantasmas e Edgar Allan Poe.
3.- Pulp Fiction.
4.- Triloxías, Elfos e un señor chamado Tolkien.
5.- Fantasías modernas e un mundo de posibilidades.
6.- Galiza fantástica.
7.- A besta multiforme: Algúns subxéneros da fantasía.


Fotografía:
Paula Gómez del Valle
Para complementar esta actividade o día 19 de decembro ás 13:00 horas terá lugar no Auditorio do Concello unha Charla-coloquio que será impartida polo especialista en literatura fantástica e editor de URCO editora DAVID CORTIZO á que están convidados todos os alumnos de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e todos aqueles socios e usuarios de biblioteca, e veciños que desexen asistir á mesma.

Animádevos a visitar esta interesantísima exposición e a asistir á charla-coloquio.

ALÉN DO MURO DO SOÑO E OUTROS CONTOS MACABROS


ALÉN DO MURO DO SOÑO E OUTROS CONTOS MACABROS
Autor: H.P. Lovecraft
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Velaquí un Lovecraft novo, fresco, cargado de forza xuvenil que trae lembranzas dos grandes clásicos do xénero sobrenatural. Edgar Allan Poe, Arthur Machen, William Hope Hodgson, Lord Dunsany... podemos ouvir ecos de todos eles nos relatos que se recompilan neste volume, contos todos eles escritos entre 1917 e 1920. Achámonos, daquela, nos primeiros traballos publicados do Solitario de Providence, moi debedores dos pioneiros que arriba mencionamos, mais nos que xa se ve ás claras o xermolo do grande narrador de pesadelos do século XX. As tumbas e as posesións fantasmais altérnanse con ese xa ben coñecido temor atávico ao mar, os cultos impíos, as civilizacións dun pasado inimáxinabel, as deidades das estrelas... Este libro supón unha pedra de torque, un punto de unión no que se equilibra, dunha banda, a traición terrorífica do XIX e por outra, o novo terror materialista que o propio Lovecraft levou até as cotas máis elevadas.

ISBN: 978-84-15699-31-6
Nº de páxinas: 177
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

O GUME ÍGNEO | OS GARDIÁNS DO SAMPO I


O GUME ÍGNEO
Os gardiáns do Sampo I
Autor: Timo Parvela
Ilustrador: Jussi Kaakinen
Urco Editora

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nun pasado remoto, alén das néboas do tempo, houbo unha gran guerra. O bardo Väinämöinen, das terras de Kalevala, e mais a feiticeira Louhi de Pohjola, o país das tebras, enfrontáronse nunha batalla sen cuartel por posuír o Sampo, un muíño máxico que traía prosperidade ás xentes que o posuísen. Como resultado da contenta, o artello milagreiro ficou feito cachizas e formou as estrelas do firmamento, dando luz e vida ás terras da humanidade, pero Väinamöinen apañou e agochou os anacos máis grandes para que o Mal nunca se fixese con eles.

Máis isto é historia pasada... Ou non.

A vida de Ahti é como a de calquera outro adolescente finlandés, mais el garda un segredo: vive só e ninguén o sabe. Polo demais, vai ao colexio, está a montar un grupo de música folque cos seus amigos Ilmari e Anni, e goza mentres pode da súa benquerida liberdade sen a tutela dos adultos.

Porán, todo cambia canto unha vella arpa finlandesa cae nas súas mans. Este instrumento, procede dos tempos lendarios, levarao a descubrir que é descendente, xunto con Ilmari e Anni, dos Gardiáns do Sampo, unha antiga orde destinada a protexer o mundo contra as tebras.

Xuntos hanse embarcar nunha aventura sen precedentes onde as antigas lendas cobran vida e unha nova sombra se ergue sobre o mundo para o alagar de maldade e unha nova noite eterna.

ISBN: 978-84-16212-68-7
Nº de páxinas: 236
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger