venres, 26 de outubro de 2018

OBRADOIRO DE RELATO CURTO CON ELI RÍOS


OBRADOIRO DE RELATO CURTO CON ELI RÍOS

A literatura é algo sacro? Quen pode escribir? O relato curto é para min?

O obradoiro tratará de que lle podamos dar resposta a estas preguntas tentando establecer unha relación coas redes sociais e os medios visuais para así facer unha primeira achega a técnica usada no relato breve.

Levarase a cabo os días 5 e 6 de novembro na sala de lectura de Bibliopazos para os alumnos e alumnas de secundaria do CPI Curros Enríquez de Pazos e será impartido por Eli Ríos, escritora coruñesa que ten publicadas obras como "Bicha", "Marta e a píntega", "Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno" e "Luns", obra que foi merecedora do Premio Torrente Ballester da Deputación de Coruña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.