xoves, 11 de outubro de 2018

I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO DE PAZOS DE BORBÉN



O Concello de Pazos de Borbén a través de BIBLIOPAZOS, Biblioteca Pública Municipal dependente da Concellería de Cultura organiza a I Semana da Ciencia en Galego de Pazos de Borbén que se celebrará do 24 ó 26 de Outubro de 2018.

As actividades están patrocinadas polo Concello de Pazos de Borbén, a Deputación de Pontevedra, o programa Ler Conta Moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e Abanca.

As actividades serán realizadas polo equipo de CIENCIA EN MOVEMENTO, unha iniciativa dun grupo de científicos interesados en promover a cultura científica e achegar a ciencia aos estudantes de forma atractiva, interactiva e práctica.

Nesta actividade participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º da ESO, do "CPI Curros Enríquez" así como usuario da Asociación ASPAVI.

As actividades se basean en dúas propostas de obradoiros creativos de 90 minutos da duración cada un e con dúas sesións diarias para promover a divulgación científica en galego de maneira amena e creativa, espertar a curiosidade e aprender experimentando.

Os fundamentos son:

Motivación e Creatividade
Valores Humanos
Respecto ao Medio Ambiente


Haberá un museo científico con más de 70 obxectos co lema: 

PROHIBIDO NON TOCAR!

Ao final, as persoas que o desexen poderán fotografiarse coa mascota no PHOTOCALL.


Para máis información fai clic aquí

ANÍMATE A PARTICIPAR NA
 I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO DE PAZOS DE BORBÉN!!



2 comentarios:

  1. Boas:
    Ademais do CPI Curros Enríquez poderían participar os alumnos doutro centro? Seriamos 30 alumnos do CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO DE SEXTO CURSO DE PRIMARIA. Este ano o tema do centro é Física e Química e sería moi interesante poder particiapr na actividade.
    Grazas

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe Vero polo teu comentario.

    É imposible a vosa asistencia xa que temos cubertas todas as sesións dos 3 días cos alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.