luns, 15 de outubro de 2018

I CERTAME DE RELATO CURTO DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN


O Concello de Pazos de Borbén a través de Bibliopazos, Biblioteca Pública Municipal, dependente da Concellería de Cultura convoca o "I Certame de Relato Curto do Concello de Pazos de Borbén" co obxectivo de fomentar a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita e estimular o uso da lingua galega particularmente no ámbito da narrativa/ relato breve.

Poderán participar os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estean cursando estudos de Eduación Primaria ou Secundaria nos colexios do municipio.

O Prazo de presentación dos relatos abrirase o 22 de Outubro e rematará o día 23 de Novembro de 2018.

As persoas participantes poderán presentar un único relato en lingua galega dentro do prazo sinalado na Biblioteca do Concello:

Concello de Pazos de Borbén
Biblioteca Pública Municipal
Pazos, nº 1
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)

Haberá dous premios por categoría:
  • 1º Premio: 1 libro electrónico + lote de libros
  • 2º Premio: 1 lote de libros

Para máis información consulta as bases e se que queres participar descarga a ficha de inscripción.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.