sábado, 27 de outubro de 2018

CICLO "ENCONTRO CON AUTORES" - RAFAEL QUINTÍA PEREIRA


CICLO "ENCONTRO CON AUTORES" 

Iniciamos este ciclo con Rafael Quintía Pereira cunha "VIAXE POLA HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DO PATRIMONIO DE PAZOS DE BORBÉN", nun encontro que se celebrará o día 8 de novembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello.

As actividades encadradas dentro do programa "Encontro con autores", organizado por BiblioPazos consisten na realización de encontros literarios con autores e autoras galegos para traballar e comentar algunha/s das súas obras literarias.

Neste caso, Rafael Quintía, investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía, que conta con numerosas obras que fan referencia á historia de Galicia e ao seu patrimonio, tomará neste "encontro" como fío conductor o patrimonio (material e inmaterial) do Concello de Pazos de Borbén.

Dende o neolítico ata a Idade Media, ou igual algo máis. Falaremos do megalitismo e os túmulos, da idade do bronce e dos petróglifos, falaremos da idade do ferros e dos castros, da cristianización de "Gallaecia" e do papel dos santos e das parroquias, e tocaremos na idade media á familia "Pazos de Probén". Tamén iremos contando cousas relacionadas co patrimonio inmaterial vencellado a todos estes xacementos do pasado.

Entrada de balde ata completar aforo.

Esperámosvos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.