sábado, 15 de setembro de 2018

VIAXE Ó CENTRO DA TERRA


VIAXE Ó CENTRO DA TERRA
Autor: Jules Verne
Edicións Xerais de Galicia

Colección: Xabarín

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

O 24 de maio de 1863 dá comezo esta historia que acabamos de poñer por primeira vez en galego: unha das célebres Viaxes extraordinarias de Verne.

A historia acontece durante 109 días que van do vintecatro de maio, cando bate o profesor Lindenbrock cun misterioso pergamiño en Hamburgo, ó nove de setembro, cando chegan á casa o profesor e mailo seu sobriño Axel de volta da viaxe motivada polo pergamiño, -pasando 62 deses días, no vinteoito de xuño o vintenove de agosto, no interior do planeta Terra-.

Foi editada de primeiras en París, por Hetzel, nos comezos do ano seguinte, o 1864. E Verne está á cabeza dos escritores franceses en número de traduccións, segundo a UNESCO.

ISBN: 84-7507-198-8
Nº de páxinas: 318
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.