martes, 4 de setembro de 2018

ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES


ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.

Nubebebé desapareceu, non a atopar na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.

Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da familia Nube?

Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.

ISBN: 978-84-9121-282-9
Nº de páginas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.