martes, 18 de setembro de 2018

O ESCARABELLO DE OURO E OUTROS CONTOS


O ESCARABELLO DE OURO E OUTROS CONTOS
Autor: Edgar Allan Poe
Edicións Xerais de Galicia

Colección: Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Neste volume inclúense sete dos contos máis coñecidos de Poe.

Falando da súa escrita di Baudelaire (xenial poeta francés do século XIX, "descubridor" e traductor de Poe en Europa): "nesta literatura na que o aire está enrarecido, o espírito pode experimentar esa vaga anguria, ese medo que predispón a chorar e ese malestar de ánimo que habita as rexións inmensas e singulares (...) mediante unha concentración extrema do pensamento, e mediante a análise sucesiva de tódolos fenómenos chegados ó seu entendemento, logrou captura-la lei da xeneración de ideas". 

Para o mesmo Baudelaire, Poe foi un poeta que se tivo que desenvolver nun país (os EE.UU) moi por baixo do seu nivel: ¡un amante da Beleza e a Perfección nunha terra que ten por balance a medida do tempo!

ISBN: 84-7507-121-X
Nº de páxinas: 193
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.