martes, 25 de setembro de 2018

O ANXO NEGRO


O ANXO NEGRO
Autor: Manuel Gago
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi debotos.

A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incríbles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.

Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.



ISBN: 978-84-9914-985-1
Nº de páxinas: 495
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.