sábado, 1 de setembro de 2018

FÓRA DO NORMAL


FÓRA DO NORMAL
Autora: María Reimóndez
Ilustrador: Antonio Seijas
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

André, igual ca os heroes da banda deseñada como Superman, Batman e A Muller Marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo pronóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa de afectos e pola lectura das aventuras dos heroes so cómic clásico, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son.

Fóra do normal, novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola igualdade, identifica os heroes e heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.

ISBN: 978-84-9121-401-4
Nº de páxinas: 143
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.