CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
▼
xoves, 6 de setembro de 2018
CHOIVA DE RAS
CHOIVA DE RAS
Autor: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
Idade recomendada: +9 anos
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto de ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías.
Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.
Choiva de ras é unha aventura trapidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores de amizade, a solidaridade e o respecto.
ISBN: 978-84-9121-368-0
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.