xoves, 20 de setembro de 2018

CHITÓN ATA A FIN DA TERRA


CHITÓN ATA A FIN DA TERRA
Autores: Ángela Fernández Rey
Ilustradora: Anabel Montouto
Edita: Edicións Fervenza

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: + 8 anos

Chitón é un pequeno morcego que desexa ver polo día o que hai fóra da súa cova. Coñece a Gavi, unha gaivota a quen convence para que o leve ver os lugares da zona. Esta, mentes lle mostra as marabillas da contorna de Fisterra, trata de facerlle entender que a súa vida ten que desenvolverse pola noite.

Sobe con Chitón ao lombo de Gavi e goza desta magnifica excursión. Poderás ver, a vista de paxaro, todo o que eles ven e, cando remates a lectura, terás aprendido cousas que antes non sabías.

ISBN: 978-84-17094-34-8
Nº de páxinas: 58
Encardernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.