sábado, 4 de agosto de 2018

O SONO DAS SEREAS


O SONO DAS SEREAS
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Literaria

Género: Literatura en Galego - Narrativa

XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017
A beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombra del, ao longo de séculos de silencio e infortunio, as mulleres dunha mesma familia padeceron a condena de seren mortas en vida. As habitantes da Casa do Sono: velaí o nome polo que a súa morada é coñecida en toda a contorna. A historia que se agocha detrás desde lugar é un tabú que selou bocas e soldou medos ao longo de xeracións.

Ninguén fai preguntas nin dá máis palabras que as que, de vez en canso a escape, se poden coar nalgunha rexouba repregada de inmediato coa forza coa que as mareas volven ao seu lugar de orixe. Sen deixar ningún atisbo certo ao descuberto.

Só a chegada de tres estraños a ese mundo pequeno e atlántico, recollido en si coma non embigo de pedra, permitirá desvelar a verdade. Unha verdade como as sereas que aduban as pareces dese templo ancorado no tempo, dentro do cal latexa a marabilla, o misterio e a maldade.

ISBN: 978-84-9151-098-7
Nº de páxinas: 158
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.