mércores, 29 de agosto de 2018

A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA


A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
Autor e Ilustrador: Carlos Taboada
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Idade recomendada: +9 anos

Pedrarcana de Leira era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lías, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, seixábase levar.
Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas.
Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
A biblioteca de Pedrarcana é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

FINALISTA DO PREMIO MERLÍN 2017

ISBN: 978-84-9121-370-3
Nº de páginas: 207
Encardernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.