xoves, 19 de xullo de 2018

ÚRSULA, A MAIOR


ÚRSULA, A MAIOR
Autor: Alice Vieira
Traducción: Vicente Rodríguez Lamela
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

María Xoana ten que compartillar o seu cuarto con Úrsula, a quen todos chaman Xuxú. Pasoulle o mesmo antes con Anisabel, con Sara...

Pero Xuxú é diferente de todas as anteriores. Chega con ares de grandeza e cunha educación que ten moi pouco que ver coa das rapazas e rapaces da súa clase no colexio. Da súa reeducación vanse a encargar, para desesperación da nai da Xuxú, a mesma María Xoana, o Xil Eanes, compañeiro de clase desta última, e Carolina, a muller coa que o seu pai casou ao divorciarse da súa nai.

Úrsula, a maior é un libro cheo de humor e finísima ironía. Ao longo da súa lectura o sorriso xamais desaparecerá dos labios do lector. E ese sorriso converterase máis dunha vez en gargallada...

ISBN:84-348-3683-1
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.