martes, 24 de xullo de 2018

O XARDINEIRO DOS INGLESES


O XARDINEIRO DOS INGLESES
Autor: Marcos Calveiro
Editorial Galaxia, S.A

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Premio García Barros 2017

Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzanse coas arelas de liberdade duncha moza de intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Ceminterio dos Ingleses só queda unha tumba anómina, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses. 

Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra más lograda, de lectura apaixoante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca da liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.

ISBN: 978-84-9151-085-7
Nº de páxinas: 444
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.