xoves, 26 de xullo de 2018

O GRAN MEAULNES


O GRAN MEAULNES
Autor: Alain- Fournier
Tradución: Camino Noia
Ilustración: Salvador Pereira
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

O Gran Meaulnes conta as ansias espirituais dun adolescente, a historia da búsqueda exaltadas e constante da felicidade; ó mesmo tempo é unha historia de amistade e amor.

Elaborado a través da fonda reflexión de oito anos polo home que volve revivi-la súa vida de neno e de adolescente, reflexa as experiencias do autor, vividas ou ansiadas, servíndose de dous personaxes, Meaulnes e François, que repesentan os seus "alter ego".

É tamén unha novela de tema rural onde se nos describe con moito detalle a vida dos campesiños da Sologne, e onde o ritmo diario da vida vén marcado polo transcurso dos trimestres, os exames , as vacacións, en harmonía co paso das estacións.

ISBN:84-7507-308-5
Nº de páxinas: 230
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.