domingo, 13 de maio de 2018

O PAI DUN ASASINO



O PAI DUN ASASINO
Autor: Alfred Andersch

Tradución: María de la O Fernández Estévez
Ilustración: Ángeles Maldonado
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


O Pai dun Asasino é unha historia baseada en feitos reais. Un dos seus protagonistas é o profesor Himmler, pai do futuro dirixente nazi organizador do xenocidio xudeo. O relato desenvólvese nun colexio de Munich durante unha hora de clase de grego na que irrompe o vello Himmler, establecendo con varios alumnos un pulso malvado e cruel.

O narrador, que comeza sendo un anónimo e atento observador da violencia psíquica e moral que se vai apoderando da aula, acaba convertíndose na súa principal víctima. 

O proceso é transformado en literatura por Alfred Andersch cun estilo directo, vivo e meticuloso que consigue facer partícipe ó lector do oprobio e a humillación experimentada polos alumnos desta escola na Baviera que comenzaba a asistir, impasible, ó ascenso ó poder dos nacional-socialistas.

ISBN: 84-7154-800-3
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.