mércores, 16 de maio de 2018

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BIBLIOPAZOS

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) ten preparadas varias actividades para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado á autora Mª Victoria Moreno Márquez.


As actividades que se levarán a cabo son as seguintes:

Durante os meses de maio e xuño:

-Obradoiro literario e de busca en internet que se desenrolará na Aula de Informática cos usuarios da Asociación ASPAVI para dar a coñecer a vida e obra da autora homenaxeada baseado no libro "Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno" de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións.

Do 16 de maio ata finais de ano:


-Exposición cartelería Día das Letras Galegas 2018, da proposta "SOMBRA E LUZ" realizada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra que resultou gañadora do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2018 na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.



-Mostra bibliográfica cos libros dispoñibles en BiblioPazos da autora Mª Victoria Moreno.

Día 21 de Maio ás 11:00 horas:


-Contacontos ilustrado e obradoiro de debuxo baseado no libro de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións, “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno”. Actividade patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do programa ANO DA LINGUA que será realizada polo colectivo Polo Correo do Vento  e dirixida ao alumnado de 1º e 2º curso de primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Día 21 de Maio ás 13:00 horas:


-Contacontos ilustrado e obradoiro de debuxo baseado no libro de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións, “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno” nesta ocasión patrocinada pola Deputación Provincnial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL e pola editorial Lela Edicións. Será realizada polo colectivo Polo Correo do Vento dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

-Todos os asistentes a estas dúas actuvidades serán agasallados cun exemplar do libro “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno”.

Participa nas actividades de BiblioPazos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.