martes, 29 de maio de 2018

NORMAL, DIFERENTE


NORMAL, DIFERENTE
Autora: Kristina Dunker
Tradución: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Vera faría todo por chamar a atención de Jan. E iso que as súas amigas lle bisban que non é como os outros, que non é normal...
Ela non lles fai caso e lánzase á aventura. Pero a pesar dos seus esforzos, a aventura tarda en realizarse. Logo, cando por fin parece que Jan picou unha noite os dous van a unha festa misteriosa, Vera fai un descubrimento que a perturba e escandaliza.

Normal, Diferente é unha fresca historia de amor nada convencional na que os barullo de emocións e prexuízos, o rexeitamento e o escándalo, a comprensión e a sensibilidade forman parte da actitude espontánea dunha persoa heterosexual namorada doutra homosexual

Os conceptos de "normal" e "diferente" revelan o seu carácter relativo e perden importancia fronte á a amizade e a aceptación do outro tal e como é. 

ISBN: 84-8288-300-3
Nº de páxinas:99
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13,5 x 21 cm

luns, 28 de maio de 2018

EN VOZ BAIXA


EN VOZ BAIXA
Autor: Antonio García Teijeiro
Edición: Helena Pérez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Roberto Núñez Veiga ten dezaseis anos e cursa segundo de BUP. Vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba definitivamente un castelo xa en ruínas dende había ben tempo: o matrimonio dos seus pais.

Daquela os seus choros silandeiros mesturánbanse coa voz de Jim Morrison. Necesitaba desa voz coñecida e sobre todo do ruido. A voz de Jim era para Roberto un acougante ruído...

ISBN: 84-8302-227-3
Nº de páxinas:131
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm

domingo, 27 de maio de 2018

UN AMOR


UN AMOR
Autor: Alejandro Palomas
Ediciones Destino
Editorial Planeta S.A
Colección Áncora y Delfín

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

PREMIO NADAL 2018

El único anhelo de Amalia, una entrañable mujer de setenta y largos años, albina, despistada y con un uso del lenguaje un tanto peculiar, es velar "a toda costa" por la felicidad de sus dos hijas, Silvia y Emma, y especialmente por la de Fer, el menor de los tres hermanos. Al reducido universo familiar se suma tía Inés, ausente de la vida de su gran amiga Amalia desde que ésta decidió divorciarse y que, recién enviudada, ha vuelto para quedarse.

Por imperativos burocráticos, la boda de Emma coincide en el calendario con el cumpleaños de Amalia. Sin más opción, los cinco deciden celebrar la boda por la mañana y trasladarse despúes a una casa de turismo rural para pasar allí el fin de semana, pero la noche anterior una funesta coincidencia cae como una bomba sobre el mapa familiar, resquebrajándolo.

En su intento por proteger la frágil salud de Amalia, hijos y amiga acuerdan ocultarle la noticia, destrezando con ello una cascada de emociones que, hilvanando drama, ternura y humor a partes iguales, nos mostrará cómo  una madre es capaz de sorprendernos cuando creíamos haberlo visto todo.

Una lección de vida, amor y de supervivencia al alcance de muy pocos. Un amor no es simplemente la historia de un solo amor. Es más , mucho más que eso: es, en esencia, la histora del Amor a través de la mirada de una mujer excepcional.

ISBN: 978-84-233-5335-4
Nº de páginas:462
Encuadernación: Tapa dura 
Formato: 14 x 23,5 cm
                            

O VENTO NOS SALGUEIROS


O VENTO NOS SALGUEIROS
Autor: Kenneth Grahame
Tradución :  Alberto Avendaño
Ilustración: Harry Hargreaves
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Xabarín 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A Toupeira, a Luria, o Porco Teixo e mailo Sapo  son os personaxes de O vento nos salgueiros. Eles habitan un lugar de vida pracenteira: a Beira do Río.Escriben versos, fan enchentas e manteñen un código de dereitos e obrigas sociais.

O vento nos salgueiros é un retrato da sociedade victoriana na Inglaterra puxante pola Revolución Industrial. Transido de saudade pola súa prosa musical, o libro debátese entre a crueza dunha sociedade industrializada e materialista, e o mantemento da vida pracenteira.

ISBN: 84-7507-724-2
Nº de páxinas:259
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13,5 x 19 cm

domingo, 20 de maio de 2018

A RECORTADA


A RECORTADA
Autor: An Alfaya

Edición: Helena Pérez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


O Destino xoga con Martín, poñéndolle nas mans unha recortada e enfrontándoo a un fuxido da xustiza nos seus anos mozos.

A partires dese intre a arma converterase no seu sinal de identidade. Só a lembranza de Mariña, a que fora a súa mestra e fonte dos seus soños adolescentes, lle dara pulos para resistir. 

Pero outro atranco do destino deixará pegadas de morte ás súas costas, condenándoo definitivamente a ser unha víctima das circunstancias.

ISBN:84-8302-351-2
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


TRAXECTO FINAL


TRAXECTO FINAL
Autor: Manuel de Pedrolo

Tradución: Leandro García Bugarín
Ilustración: Bernardo Saavedra
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore 


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Traxecto final recolle sete narracións de Manuel de Pedrolo, todas elas vencelladas por un fío temático común que oscila entre a especulación futurista e o misterio parapsicolóxico.

Sen embargo, por baixo dos argumentos case detectivescos dos relatos, latexa unha preocupación polas tendencias totalitarias subxacentes nas sociedades dominadas pola sotisficación técnica e unha advertencia sobre o sutil pero implacable control que diversos poderes, non sempre ben coñecidos, exercen sobre os individuos. 

Como é habitual na narrativa de Pedrolo, as tramas están moi detalladamente urdidas e xeneran no lector unhas expectativas que só rematan no punto final.

ISBN: 84-8288-064-0
Nº de páxinas: 165
Encadernación: Tapa branda
Formato: 11,5 x 21,5 cm


sábado, 19 de maio de 2018

A SOMBRA SOBRE O BANCO DE PEDRA


A SOMBRA SOBRE O BANCO DE PEDRA
Autor: María Gripe
Tradución: Ana Belén Costas Vila
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

¿Quen é Carolin?, pregúntase Roland e Berta. Irrompeu na súa casa e nas súas vidas como un vendaval. Pero saben moi pouco dela. Ten unha personalidade maravillosa, con tódolos compoñentes para facela avasaladora. Ninguén na familia quedará indiferente á influencia de Carolin. Especialmente Roland e Berta sentirán esa influencia, ás veces, como algo insoportable. 

O misterio vaise desveando lentamente. Vánsenos dando pistas que nos acercan progresivamente á nosa meta. Pero a tensión mantense ata o final. Porque só no remate coñecémo-los detalles máis reveladores sobre Carolin, esa rapaza de servicio tan fortemente vinculada á familia. 

ISBN: 84-348-3442-1
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


CRUZADA EN VAQUEIROS


CRUZADA EN VAQUEIROS
Autora: Thea Beckman
Tradución: Alfonso Vázquez-Monxardín
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Conta a historia que, no ano 1212, militares de nenos cristiáns, seguindo o chamamento dun rapaz, organizaron unha Cruzada e marcharon cara a Terra Santa para liberaren Xerusalén do poder dos sarracenos. Por azar, Rudolf Hefting, un rapaz do século XX,  atravesa o túnel do tempo e vese forzado a unirse á Cruzada dos Nenos.

Rudolf contempla atónito o mundo mediaval e observa abraiado as virtudes e defectos do espírito cabaleiresco. Comparte as aventuras e os traballos dos xoves cruzados e, cos seus coñecementos do século XX, axúdalles a superar mil perigos, a resolver difíciles problemas e a non caer nas trapelas dos que queren abusar da súa boa fe.

ISBN: 84-7507-308-5
Nº de páxinas: 230
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm


venres, 18 de maio de 2018

A HISTORIA INTERMINABLE


A HISTORIA INTERMINABLE
Autor: Michael Ende
Tradución: Anton Palacio
Santillana Infantil y Juvenil S.L e Edicións Obradoiro S.L
Colección Oqueleo Narrativa Xuvenil 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e de Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico.

Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unhas das grandes creacións da literatura de todos os tempos.

ISBN: 978-84-16834-10-5
Nº de páxinas: 534
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm
                            

DÚAS LETTERS


DÚAS LETTERS
Autor: Bernardo Atxaga

Tradución : Leandro García Bugarín
Ilustración: Ángeles Maldonado
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


Dúas letters cóntanos a historia de Old Martin, un vello vasco, antigo talador de bosques na súa terra que un día, cando aínda era novo, emigrou ós Estados Unidos para traballar alí de pastor. 

Desde entón non volveu nunca máis ó seu país, pero vaise enterando dalgunhas cousas que nel suceden a través das cartas que recibe. 

En pouco tempo chéganlle dúas (dúas letters) que lle comunican a morte de dous dos seus mellores amigos

De súpeto, a súa mente cansa empeza a recordar e véñenlle á memoria as lembranzas dun episodio crucial na súa vida e na os amigos agora finados.

ISBN:84-7507-308-5
Nº de páxinas: 230
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm


xoves, 17 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO. SEMENTADORA DE FUTURO


MARÍA VICTORIA MORENO. SEMENTADORA DE FUTURO
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Literaria>Crónica>Biografía

Xénero: Literatura Infantil e Xuvenil Galega - Biografías

Idade recomendada: + 12 anos

O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil.

Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza.

Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás...

"María Victoria Moreno. Sementadora de futuro", de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.

ISBN: 978-84-9121-335-2
Formato: 14,50 x 22,00 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 160

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO


Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adícase a MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ (Valencia de Alcántara-Cáceres, 1939 - Pontevedra 2005), unha gran escritora e profesora.

A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado o día 17 de Xuño de 2017  na Coruña onde tamén se nomeou  académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.

Este ano será a figura protagonista do Día das Letras Galegas, a devandita autora, sendo a cuarta muller tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia desta celebración.

Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS preme AQUI.

Nacida nun concello limítrofe con Portugal, filla dun militar e dunha mestra, fixo o bacharelato en Barcelona e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, onde tivo dous profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.

Tras dous anos en Lugo, onde tivo por alumno a Xesús Rábade Paredes, e unha tempada en Vilalonga (Sanxenxo), onde comezou a escribir "Anagnórise", chegou a Pontevedra en 1963 con praza de mestra, e deu clase no IES Valle-Inclán e tamén no IES Gonzalo Torrente Ballester.

Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e do país. A súa fascinación dende cativa por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta pola defensa e promoción da nosa lingua.
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (...). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor" (María Victoria Moreno en 1993).
Ademáis de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou en libros de texto e dirixiu a colección Árbore de Galaxia. Como lectora no ámbito das letras en galego nunca agochou seu gusto pola narrativa de Otero Pedraio e Carlos Casares.
"Para leer unha boa lectura, lía a Miguel de Cervantes, evidentemente. E tamén a Antoine de Saint-Exupéry (...) E gústame a prosa dos hispanoamericanos inmediatamente anteriores ao boom. Miguel Ángel Asturias, por exemplo (...) Gústanme os escritores éticos e con compromiso, cunha prosa exuberante. E de Galicia gústanme os mellores que hai. Valoro moito a lírica mediaval, a prosa de Otero Pedraio e de Carlos Casares, a poesía de Fernán Vello".
Morreu ós 64 anos de idade, víctima dun cancro de mama.

A súa biblioteca personal, de  máis de 4500 volumes, incluidas varias edicións e 150 estudios de "Don Quijote de la Mancha", foi doada ao instituto IES Gonzalo Torrente Ballester. 

Para saber máis sobre Mª VICTORIA MORENO preme AQUÍ.


Para coñecer as obras da autora das que dispoñemos en BIBLIOPAZOS preme na seguinte imaxe:







mércores, 16 de maio de 2018

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BIBLIOPAZOS

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) ten preparadas varias actividades para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado á autora Mª Victoria Moreno Márquez.


As actividades que se levarán a cabo son as seguintes:

Durante os meses de maio e xuño:

-Obradoiro literario e de busca en internet que se desenrolará na Aula de Informática cos usuarios da Asociación ASPAVI para dar a coñecer a vida e obra da autora homenaxeada baseado no libro "Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno" de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións.

Do 16 de maio ata finais de ano:


-Exposición cartelería Día das Letras Galegas 2018, da proposta "SOMBRA E LUZ" realizada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra que resultou gañadora do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2018 na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.



-Mostra bibliográfica cos libros dispoñibles en BiblioPazos da autora Mª Victoria Moreno.

Día 21 de Maio ás 11:00 horas:


-Contacontos ilustrado e obradoiro de debuxo baseado no libro de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións, “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno”. Actividade patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do programa ANO DA LINGUA que será realizada polo colectivo Polo Correo do Vento  e dirixida ao alumnado de 1º e 2º curso de primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Día 21 de Maio ás 13:00 horas:


-Contacontos ilustrado e obradoiro de debuxo baseado no libro de Joanna Lorenzo e Tania Solla, editado por Lela Edicións, “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno” nesta ocasión patrocinada pola Deputación Provincnial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL e pola editorial Lela Edicións. Será realizada polo colectivo Polo Correo do Vento dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

-Todos os asistentes a estas dúas actuvidades serán agasallados cun exemplar do libro “Unha historia de amor. Pequena biografía de Mª Victoria Moreno”.

Participa nas actividades de BiblioPazos.

OS TRES MOSQUETEIROS


OS TRES MOSQUETEIROS
Autor: Alexandre Dumas
Tradución: Darío Xohán Cabana
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Xabarín 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Os tres mosqueteiros é, sobre todo, unha novela de acción e aventuras protagonizadas polos sonados Athos, Porthos, Aramis e D´Artagnan, unha novela de gran popularidade, levada ó cine en diversas ocasións. 

En Os tres Mosqueteiros, o entusiasmo e a enerxía dos personaxes crean unha obra que non lle concede tregua ó lector.

O seu autor Alexandre Dumas, de prodixiosa intelixencia e capacidade creativa, posuía unha asombrosa capacidade de creación de personaxes.

ISBN Tomo I: 84-8302-478-0
ISBN Tomo II: 84-8302-479-9
Nº de páxinas Tomo I: 348
Nº de páxinas Tomo II: 354
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger