xoves, 19 de abril de 2018

XOGO SUCIO



XOGO SUCIO
Autor: Manuel de Pedrolo
Traducción: Leandro García Bugarín
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

 Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Xogo sucio é unha novela que se pode clasificar dentro do xénero negro ou policíaco, aínda que tamén é unha historia de amor.

O protagonista e narrador desta historia é un escuro traballador barcelonés que coñece casualmente a unha fermosísima e enigmática rapaza. Ese encontro vai determinar un cambio radical na súa vida, pois a paixón amorosa que o domina o levará a facer cousas das que nunca se tería considerado capaz.

As ambicións dormidas e a arela de emprender unha vida nova, distinta á que lle tocou en sorte pola súa modesta condición social, son outros elementos dos que o autor bota man para facturara un relato tan sobrio como intrigante. 

A novela, que Pedrolo conduce sabiamente, con man áxil e firme, desemboca nun inesperado final.

ISBN:84-7154-841-0
Nº de páxinas: 119
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.