mércores, 18 de abril de 2018

O TERCEIRO HOME


O TERCEIRO HOME
Autor: Graham Greene
Tradución: Mª Dolores Martínez Torres
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

O Terceiro Home é a novela curta máis coñecida de Graham Greene. A súa celebridade disparouse desde a estrea da inesquecible adaptación cinematográfica que en 1950 fixo o director inglés Carol Reed, con Orson Welles e Joseph Cotten nos papeis principais.

A novela é tamén un clásico do relato de intriga e condensa nas súas poucas páxinas todas as virtudes da literatura de Graham Greene.

A acción desenvólvese na Viena ocupada polas forzas aliadas tras a derrota dos nazis na Segunda Guerra Mundial. É unha cidade invernal, pobre e derruída na que florece o mercado negro e na que persoas sen escrúpulos intentan aproveitarse da miseria dos demais.

ISBN:84-7154-917-4
Nº de páxinas: 134
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.