domingo, 29 de abril de 2018

A PERLA

A PERLA
Autor: John Steinbeck
Tradución: Benigno Fernández Salgado
Ilustración: Teresa Cámara
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A Perla, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura do século XX.

Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta coma a lúa , que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Desde entón, o propio Kino e a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla.

A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ó seu relato, no que se misturan o lirismo característico deste autor coa solidaridade que sentiu sempre polos máis desfavorecidos pola fortuna.

ISBN: 84-87126-40-5
Nº de páxinas:109
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.