luns, 26 de marzo de 2018

XULIA MINGUILLÓN


XULIA MINGUILLÓN
Autora: María Reimóndez
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Coa axuda dunha cadeliña chamada Tyla viaxamos pola vida de Xulia Minguillón, unha das mellores artistas galegas do século XX.

Minguillón foi quen de plasmar sobre o lenzo o convulso mundo no que lle tocou vivir, asi como as paisaxes galegas que tanto admiraba. Esta pintora lucense é unha das grandes esquecidas das nosas artes plásticas, unha artista que precisamos descubrir e coñecer...

Unha muller libre e comprometida. Unha muller leal ás amizadas e , sobre todo , unha muller brava. 

Ela era... Xulia Minguillón

ISBN: 978-84-16121-96-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.