venres, 16 de marzo de 2018

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA

 

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
Autora: María Victoria Moreno
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección: Crónica

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Neste libro recollense as experiencias e reflexións que viviu Maria Victoria Moreno como enferma de cancro de mama.

A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Adentrarse nestas páxinas coraxudas, enchidas, paradoxalmente, de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convidou María Victoria Moreno.

Unha obra da autora María Victoria Moreno recentemente galardonada co Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-9782-233-6
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Rústica
Formato: 14,5 x 22 cm



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.