sábado, 20 de xaneiro de 2018

HISTORIAS DE GALEGOS EXTRAORDINARIOS

HISTORIAS DE GALEGOS EXTRAORDINARIOS
Autor: Salvador Rodríguez
Ilustracións: Xulio Formoso
Belagua Ediciones y Comunicación, S.L.

Xénero: Literatura Galega- Narrativa

"O propio das xentes deste país é saírse do común" afirma o xornalista Ánxel Vence no prólogo deste libro que rescata do esquecemento un puñado de homes e mulleres protagonistas de insólitas historias.

Galegos na guerra do Vietnam ou no campo de concentración de Mauthausen comparten estas páxinas xunto a outros que viviron hazañas excepcionais, algunhas tamén infames, en diferentes momentos históricos.

Falamos de xentes tan dispares coma o fotógrafo de Gardel, a menina de Velázquez, a guerrilleira que militou xunto a Fidel Castro, o marabilloso mago Waldemar, o pillo Princesa de Borbón...

Percorrer de vagar estes relatos proporciona ao lector un desfile de asombros e felicidades.

ISBN: 978-84-941751-9-0
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.