mércores, 31 de xaneiro de 2018

FEITIZO DE SANGUE - AS CRÓNICAS DE LANDEREINA 2


FEITIZO DE SANGUE
As crónicas de Landereina 2
Texto e ilustracións: Sabela González
Editorial Galaxia S.A.
Colección: As crónicas de Landereina

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto.

En Svörie, a illa dos sabios, descubrián os segredos da súa montaña, do seu poder e, tamén, de como o pasado uniu o destino dos Gheiroez e do malvado Wiasmau. 

Feitizo de Sangue é o segundo tomo da triloxía fantástica de As Crónicas de Landereina. 

ISBN: 978-84-9865-580-3
Nº de páxinas: 258
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.