martes, 9 de xaneiro de 2018

CORREDORA


CORREDORA
Autor: María Reimóndez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a esmolar polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba.

Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, coma a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.

Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.

ISBN: 978-84-9121-218-8
Nº de páxinas: 95
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.