mércores, 3 de xaneiro de 2018

CONTOS DA RUTA


CONTOS DA RUTA
Autores: Xavier Alcalá, Carlos Vila Sexto e
Xosé Antonio Neira
Ilustrador: Ramón e Beatriz Prado 
Caixa Galicia
Colección: Biblioteca Nova 33 - Aula de Cultura 
 
Xénero:  Literatura infantil  en Galego - Contos
 
Idade Recomendada:  + 12 anos 
 
Volume que recolle os relatos realizados con motivo do VIII Tren Caixa Galicia organizado e patrocinado pola Xunta de Galicia, Renfe e Caixa Galicia, coa colaboración do concello de Rianxo, Gálix e as empresas Jealsa, Coca Cola e Donuts. 
 
  • Xavier Alcalá en Viaxando: Ou tren ás nubes, lévanos á provincia de Salta, no Noroeste arxentino.
  • Carlos Vila Sexto en Diábolo, seguindo as técnicas das narracións orais, conta a historia dunha biblioteca situada nunha aldea do Caurel e do seu bibliotecario, quen, axudado polo gardián das palabras, terá que loitar contra o cazador das palabras.
  • Xosé Antonio Neira Cruz en Paio Gómez Chariño, "... a mui grande coita do mar" (publicado como volume independente co título de Paio G. Chariño), relata a viaxe dun profesor da Universidade de Santiago de Compostela ao s. XIII, coa finalidade de conseguir un orixinal inédito dos cancioneiros galego-portugueses que o leve á fama. Para conseguilo solicita a axuda dun enxeñeiro experto en alteración dos parámetros xeotemporais. 
 
ISBN: 84-89231-13-3
Nº de páxinas: 191
Encadernación: Cartoné
Formato: 10 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.