sábado, 30 de decembro de 2017

TAM, TIM e TOM


TAM, TIM e TOM
Autor: Roberto Mezquita
Ilustracións: Paolo Domeniconi
OQO Editora
Colección O

Xénero:  Literatura Infantíl en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 5 anos

Tam, Tim e Tom... que desastrados son!

O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque; o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas; o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar...

A aparición dun corvo será decisiva para resolver unha situación tan incoherente, para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable, e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.

Un conto dos irmáns Grimm, que revela a importancia da aprendizaxe para a vida, redescubrendo o valor de compartir e colaborar nunha tarefa para un fin común, sexa na familia, na escola ou en calquera ámbito social. 

ISBN: 978-84-9871-541-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.