sábado, 9 de decembro de 2017

MISS OURENSE


MISS OURENSE
Autor: Bieito Iglesias
Editorial Galaxia S.A. 

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Este libro conten catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo. 

Son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas.

 O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

ISBN: 978-84-9865-491-2
Nº de páxinas:210
Encadernación:Tapa Branda
Formato: 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.