domingo, 31 de decembro de 2017

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS



ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Autor:  Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) 
Editorial Galaxia S.A.

Xénero:  Literatura Infantil en Galego - Contos 

Idade Recomendada: A partir de 5 anos 

A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS” 

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP  e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns.

Este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.

A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante. 

ISBN: 978-84-9151-036-9
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Cartoné
Formato: 24 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.