luns, 25 de decembro de 2017

CANCIÓNS PARA DESAFINAR


CANCIÓNS PARA DESAFINAR
A Gramola Gominola
Ilustracións: Iago Araujo
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Sonárbore

Xénero: Belas Artes - Música

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

A Gramola Gominola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. 

Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, punk, gospel ou funk. Porque non hai idades nin barreiras para a música, asi que… a rochandrollear! 

A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia.

Pero tamén naceu entre lendas do rock vivas e galegas. Porque foi un dos seus integrantes, Paco Cerdeira (guitarra), quen se propuxo crear un grupo de rock diferente, para as pequenas e pequenos. Desa idea inicial pasou un tempo ata que volveu saír do caixón e se comezou a concretar con letras e música.

Así foi como se uniron primeiro Anxelo de Xermar (baixo), despois Paula Romero (voz) e Ro Muñoz (batería), tres dos integrantes que xa traballaran xuntos noutros grupos e proxectos.

As ideas foron encaixando, os estilos, as personalidades de todos e cada un deles foron dándolle pouco a pouco forma a idea dunha banda de rock para cativos. Unha forma que decidiron chamar Gramola Gominola e coa que prenteden levarnos ata os recunchos máis especiais da música. 

ISBN: 978-84-9151-045-1
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Cartoné
Formato: 24 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.