martes, 14 de novembro de 2017

VICUS. Un lugar do común


VICUS. Un lugar do común
Autor: Beto Luaces
Edicións Bolanda S.L.
1ª edición, 2017

Xénero: Literatura Galega - Novela  negra

Cunha narración trepidante e unha historia a cabalo entre a realidade e a ficción, esta novela negra engaiola desde a primeira páxina.

O protagonista é un arquitecto vigués que nun momento transcendental da súa vida vese na obriga de resolver un problema derivado do pasado dos seus pais como emigrantes en Caracas.

Alí Senén Barreiro baterá co mundo da emigración galega e cun libro de sona e ben polémico na nosa literatura.

De regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.

Senén Barreiro, un arquitecto que vén de cumprir cincuenta anos, está a observar a paisaxe nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán, un arrabalde rural elevado de Vigo. Ás súas costas, está a se conformar a xuntanza familiar: é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante.

 Sen embargo, nesa mesma noite, acontece algo que vai mudar para sempre a historia da familia Barreiro e, por suposto, a súa. Daquela, Senén recibe un encargo, que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que o mundo da emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de manera oficial.

Un libro polémico rexorde e forma parte da trama durante aquela viaxe, se cadra, innecesaria. 

ISBN: 978-84-697-6073-4
Nº páxinas: 438 
Dimensións: 17 x 25 cm 
Encadernación: Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.