domingo, 1 de outubro de 2017

OS BOLECHAS EN PAZOS DE BORBÉN

AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN

SÁBADO 14 DE OUTUBRO
 ÁS 18:30 HORAS

Os seis irmáns Bolechas e o can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Aquí chegan, un ano máis, os máis divertidos referentes galegofalantes para percorreren este outono 21 localidades galegas cunha actividade familiar e participativa.

A familia animada máis famosa de Galicia estarán presentes de novo no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa.

Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos.

Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para FalaRedes a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao www.osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

http://www.osbolechas.gal/dechispaatata/axenda.html

Tamén, coma sempre no FalaRedes, a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Toda a información sobre a nova edición xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega en www.lingua.gal/dechispaatata.

ESPERÁMOSTE
NO
AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN

NON TE ESQUEZAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.