xoves, 28 de setembro de 2017

CONTOS E LENDAS DO VAL DE MONTERREI


CONTOS E LENDAS DO VAL DE MONTERREI
Coordinador: Xosé Carlos Caneiro
Colaboradores: Lidia Salgado González, Rosa De La Parra Martínez, Hortensia Arcos Fernández, Serafín Vázquez Álvarez, Xoán Bieito González Álvarez, Xesús Gómez García e Xesús Lantes Vitureira
Ilustradores: Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Aurora López Pérez, Fernando Barreira, Maribel Trujillo, Xosé Rivada, Maritina Salgado, Leonardo Vidal
Edita: Concello de Verín, 2017

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Aos homes e mulleres que gardan, con teimosía e orgullo, a memoria da terra nosa.

Esta libro é unha obra conxunta, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro fai 20 años, que recopila contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos, aparicións, mouros, tesouros, ...) e que foi ilustrada por autores de Verín e comarca, ofrecendo unha recopilación das lendas e contos propios do Val de Monterrei.

"Foi unha vella pretensión compilar nun libro os contos e as lendas das terras de Monterrei. Todo comezou hai vinte anos cando algúns entusiastas ensinantes da bisbarrra formaron un seminario de lingua e literatura co fin de xuntar criterios á hora de programar os contidos e obxectivos das súas materias. Moitos anos despois cábeme a satisfacción de ter este libro entre as mans.

Evidentemente nonpodería eu só levar a cabo este inxente traballo. Foron moitos os que colaboraron: profesorado, mozos e mozas, homes e mulleres do val de Monterrei. Sería imposible citar a todos. Permítanme pois, a licenca de lembrar aos ensinantes que me achegaron os traballos do seu alumnado: Lidia Salgado González, Rosa De La Parra Martínez, Hortensia Arcos Fernández, Serafín Vázquez Álvarez, Xoán Bieito González Álvarez, Xesús Gómez García e Xesús Lantes Vitureira. Non quero esquecer tampouco a Abelardo Rúa e Susana Nóvoa, que me emprestaron a súa paciencia e colaboración no tempo que durou esta aventura. A todos, moitísimas grazas.

Sei que isto, só constitúe unha mínima parte do traballo que se puidera publicar, pois utilizamos máis de mil entradas (ou sexa: contos recollidos). E tamén sei que a versión final podería ser moito máis "literaria". Quixen, porén, conservar boa parte da fala dos contadores -polo que o estilo resultante é mais oral que literario- e, así memos, inicluír algunha versión distinta do mesmo feito, co único propósito de amosar a boa saúde da imaxinación galega.

O responsable do resultado final e responsable tamén de todos os defectos que poida ter o volume son eu, e non calquera dos colaboradores, pois traballaron na medida das súas posibilidades e foron capaces de contaxiarlle ilusión ao seu alumnado. Esa ilusión que sempre ha de ser necesaria para non claudicar na tarefa de manter viva a nosa lingua e a nosa literatura."
Xosé Carlos Caneiro (Coordinaro do libro)

Depósito legal: OU 172-2017
Nº de páxinas: 108
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 31 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.